ISAAC + SEOANE

APORTACION DE URXENCIA A UNHA AMISTADE

Homenaje a dos grandes figuras de la cultura gallega a través de su intensa relación de amistad: Isaac Diaz Pardo+Luis Seoane.


Fundación Luis Seoane 2012

Direction
Silvia Longueira

Documentalist
Gloria López

Video
“Isaac” Xosé Abad.




Description & Pictures
Existen relacións de amizade e traballo que están por enriba de calquera das circunstancias da vida. A de Seoane e Isaac é unha delas. Xuntos falaron, acordaron, levantaron, pelexaron e tamén sufriron o desencanto de grandes proxectos para Galicia, que nunca seremos capaces de cuantificar. Unha débeda histórica e mesmo maravillosa, polo feito de cómo dous homes en circunstancias nada favorables ilusionaron a propios e estranos ata conformar o complexo mundo do Laboratorio de Formas, o Museo Carlos Maside, o Seminario de Estudos Galegos, as Fábricas de Cerámica do Castro e Sargadelos e todo un plantexamento de acción cultural nunha terra de páramo e descoñecemento.

Mentres preparabamos esta mostra, sobre as fontes e os recursos de Luis Seoane, Isaac esgotou ese tempo que sempre tratou de non perder. E tomando prestada unha das súas frases queremos facer esta “aportación de urxencia” para de xeito humilde sentarnos a escoitar a súa voz e os seus pensamentos. É tamén esa viaxe ao pasado que un sempre facía cando tiña a sorte de compartir o tempo no seu estudio, decatándose de que era un privilexio.

Aquí amosamos os fitos nos que ambos os dous coincidiron desde o seu primeiro encontro, ata o pasamento de Luis Seoane en 1979. E na sala de proxeccións contigua o vídeo “ISAAC”, de Xosé Abad, que foi quen de amosar a Isaac en estado puro, un heroe razoable e real.