Nenoos

Promotor
Nenoos
David Guitián Fidalgo
Marcos Tello

Colaboradores
Luis Miguel Fernández López

Constructor
Haro (suelo de corcho)
Anygar (mobiliario)
Mucarce carpinteros (mobiliario)

Fotografía
Estudio Fermin Blanco

img_nenoos_visor




Memoria & Fotografías

A serie de mobiliario Nenoos xorde como resposta a un encargo concreto, unha liña de mobiliario que sexa ao tempo imaxe dunha franquía de baixo custo baseada en talleres de educación non regulada. O método educativo baseado no uso do ábaco e outras actividades de motivación tanto mental coma sensorial requiría dunhas mesas tipo para nenos de 3 a 5 anos e outras para maiores (júnior) a partir de 6 anos.

Traballamos coa marca dende as súas orixes e acompañámola no seu rápido crecemento, esta experiencia permitiunos ir vendo as necesidades e tamén adaptar o proceso ao tempo que os propios requirimentos evolutivos da firma. En dous anos abríronse unhas 20 franquías a nivel nacional e a sistematización de produción, envío e montaxe foi un reto para o estudo.

A serie baséase nunha mesa tipo para júnior, unha para peques, o mostrador de recepción, a lousa e as lámpadas de teito. Márcanse tamén uns criterios xerais de carácter estético en cada centro para asegurar o mantemento da imaxe corporativa no interior das aulas.
Todo o set que integra un local tipo está fabricado en madeira de castaño con orixe certificada e compleméntase cunha chan de cortiza mantendo a pegada ecolóxica que defende a firma.

Todos os mobles están pensados para un envío en plano e unha doada montaxe en destino por parte do franquiciado.

Descargar dossier de marca




Deixar unha resposta