Menu
Categories
 
A Lvz de Lvpo
Seleccionado en Arquia próxima 2012
[ descargar catálogo ]

A Coruña, 2008

Promotor
Fundación Luis Seoane

Colaboradores
Ayuntamiento de A Coruña
Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña

Equipo
Borja Díaz Carro
Luis Miguel Fernández López

Didáctica
Carolina Queipo

Monitores didácticos
Cristina Doporto
Territorio Cultura

Fotografía
Alex del Río
Veronika Horbelt
Estudio Fermín Blanco

Edición de video
Alex del Río –fotografía
David Plaza y Sonia Otero –edición




Memoria & Fotografías
A Lvz de Lvpo é un posicionamento dende a arquitectura en favor da candidatura da Torre de Hércules a patrimonio da Humanidade.

A torre é o único faro de orixe romana en activo e é por riba de todo unha obra de arquitectura cunha localización, unha función e unha estrutura que se foi enriquecendo co paso dos séculos.
Como medio para dar a coñecer os valores do edificio, se propón unha actividade estructurada en diferentes pasos, todo iso fortalecendo o apoio social á candidatura da Torre;
-Acción artística, presentación.
-Exposición, divulgación.
-Programación didáctica, formación.

Romana por dentro e Neoclásica por fóra a Torre chegou ao século XXI mantendo o mesmo uso, A Lvz de Lvpo encárgase agora de reproducir os problemas que formula a construción, neste caso a construción en altura, para unha vez entendida a estrutura, intervir sobre ela.

Para iso utilízase un material; o popular porexpan na súa versión non menos popular de caixas de peixe. Con axuda destas caixas formúlanse actividades explicativas de distintas técnicas construtivas tanto romanas coma actuais que os mozos poderán utilizar para a construción.

Como exemplo das posibilidades do sistema móstrase a construción dun prototipo instalado na escaleira de Honra do concello de Coruña que reproduce a estrutura romana a escala un a cinco respecto á orixinal, e a propia disposición da exposición onde se recrea a planta da torre a escala metade.

O obxectivo final será dobre, por un lado de coñecemento e interpretación do monumento e por outro lado intervención sobre a súa estrutura. Ao igual que Giannini no século XVIII remodelou a estrutura romana adaptándoa en clave Neoclásica, as novas torres xurdidas da imaxinación dos máis novos serán reflexo da nosa época.









Dossier


*