Proxecto Matrioska

Taller familiar con Idoia Cuesta
Fundación Luis Seoane. 2015


Idoia Cuesta
www.idoiacuesta.com

Esqueleto
Sistema TELAR

Carpintería
Nacio Quirós

Monitores
Patricia Amil
David Antuña

Fotografía
Eva Aller
Estudio Fermin Blanco

Montaxe Timelapse
Borja Diaz







Memoria & Fotografías
A educación nos museos é un tema que ocupa parte das enerxías do estudo, a conexión arte-sociedade tan recorrente hoxe en día e que cada centro cultural aborda con distinto grao de compromiso e metodoloxías propias ou importadas. A casuística, estudada por investigadores como Maria Seica nos marcan un panorama desestructurado tanto nacional como internacionalmente que no noso caso abordamos desde a arquitectura.

A posibilidade de manter un programa continuado desde 2010 cada sábado organizado en tres trimestres de Outubro a Xuño, permite manter unha continuidade e unha avaliación en forma de proxecto en crecemento progresivo, deste xeito cada curso tratamos de crear novos talleres que manteñan o entusiasmo dos participantes.

Na actualidade contamos con dous grupos Em-peza (nenos de 6 a 8 anos) e Deas-peza (de 9 a 11 anos) parte dos cales levan ata catro anos co programa.
De igual modo tratamos de interactuar coas exposicións, e programas da propia Fundación Luís Seoane abrindo a posibilidade aos nenos e ás familias de interactuar cos artistas, neste contexto exponse o PROXECTO MATRIOSKA.

Un taller familiar onde traballar cos conceptos de escala, traballo en equipo, creatividade, artesanía, técnicas… Para iso contamos coa colaboración de Idoia Costa, artesá especializada en cestería que deseña pezas contemporáneas a partir de técnicas tradicionais. Neste sentido proponse aos participantes (uns 50 en conxunto entre nenos e familiares) unha xornada interxeracional onde construír unha serie de tres estruturas con forma tradicional de casa de modo que todas entren unhas noutras a modo das tradicionais bonecas rusas. Exponse un sistema de barras de madeira capaces de encaixar entre se para organizar o traballo en subgrupos familiares que posteriormente se unen nas formas deseñadas.

Cada grupo escolle entre as cores dispoñibles e tece un marco de modo que a montaxe completa xera o mosaico final.