Señaléctica BIC

Localización
Santa Cruz de Rivadulla,
Concello de Vedra, A Coruña

Latitude: 42°46’21.0″N
Lonxitude: 8°25’34.9″W

Colaboradores
Luis Miguel Fernández López

Deseño gráfico
Rocío Martín Bernardo

Fotografía
Alex del Río
Estudio Fermín Blanco

Fabricación
Reparaciones Sinde

_
Pazo de Santa Cruz de Rivadulla
[web]

 

Memoria & Fotografías
Deseño de soporte para audioguías do pazo de Santa Cruz de Rivadulla en Vedra, A Coruña. O pazo do século XVI é un Ben de Interese Cultural (BIC) que ademais do propio edificio conta con estanques, fervenzas e elementos vexetais de gran interese onde destacan as plantacións de camelias símbolo do conxunto.

O proceso de deseño desta peza lévanos a introducir nun BIC un elemento completamente industrial e fabricado en aceiro sen distorsionar a contorna. O diálogo entre industria local,xardinería e patrimonio foi o reto afrontado neste proxecto.

O elemento que se expón introduce un compoñente no percorrido apoiando a información en nove puntos. É un soporte fabricado enteiramente en metal cunha pequena cimentación en forma de estaca de madeira tratada cravada no terreo que permanece oculta. A peza, móbil, brillante e colorida de aparencia tecnolóxica está fabricada de modo artesanal por Sinde, un taller de carpintería metálica local, dedicado principalmente á reparación e tuneado de vehículos.

Ao soporte adhírenselle uns adhesivos anti-vandálicos impresos con códigos QR que enlazan á información sobre o Pazo.