Menu
Categories
 
Chillida Lupo
Accesit no XIV Premio COAG. 2011


Colaboradores
Luis Miguel Fernández López
Borja Díaz Carro

Didáctica
Carolina Queipo

Asesoría Jurídica / Gestión patente
Alvarez Real

Fabricación
Aislasan –superlupo
Mucarce –ecolupo

Fotografía
Estudio Fermín Blanco
Archivo Eduardo Chillida
Archivo Jose M.Elosegui


+info
www.sistemalupo.com
www.museochillidaleku.com



Eduardo Chillida en artsy.net [aquí]




Memoria & Fotografías
O estoxo Chillida Lupo é unha edición especial do Eco Lupo e centra o seu contido na obra do escultor Eduardo Chillida. A partir das 46 pezas que compoñen o estoxo formúlanse diferentes realizacións escultóricas ademais daquelas que xurdan polo uso creativo do sistema.

Material ecolóxico
Lupo apóiase en materiais naturais e resistentes, tanto pola natureza da súa composición coma polas súas formas redondeadas. As pezas son de madeira maciza e a carencia de arestas xera un crebacabezas manexable, seguro e duradeiro. Para un manexo doado aconséllase o uso de medios mecánicos para sacar as espigas sen danalas.

Compromiso social
O estoxado do Chillida Lupo realízase en colaboración con asociacións de apoio á integración laboral de persoas con minusvalidez fomentando así a súa inserción social.

Didáctica
Lupo é un instrumento didáctico. As actividades formulan contidos de equilibrio e forma que fomentan a capacidade de visión en dous e tres dimensións, proporcionando retos intelectuais ao usuario que estimulan as súas habilidades de coordinación, memoria e creatividade.

Estoxo
O desmontable recóllese nun estoxo formado polas propias pezas. A montaxe debe realizarse creando diferentes bandexas: alternando pezas curvas e rectas. A montaxe e desmontaxe do estoxo proponse como primeiro achegamento para entender o Sistema Lupo.

Contido
O estoxo contén 46 pezas.
As tapas e as espigas tamén forman parte dos modelos, no caso dos Peites serven de contrapeso a xeito de rochas. Os modelos poden complementarse con materiais non incluídos na caixa como as gomas do eloxio da auga. O uso de espellos tamén axuda a representar os efectos da auga ou a visión completa das esculturas.



*