Menu
Categories
 
Intrahistorias da Arquitectura
20 marzo – 5 Xuño 2019
 
Centro Galego de Arte Contemporánea
CGAC
 
Dirixe
Fermín Blanco
 
Coordina
Virginia Villar
 
Fotografía
Manu Suárez
 
[inscriciones]


 
 


 
 
“Todo o que contan a diario os xornais, a historia toda do ‘presente momento histórico’, non é senón a superficie do mar, unha superficie que se xea e cristaliza nos libros e rexistro. (…) Os xornais nada din da vida silenciosa de millóns de homes sen historia que todas as horas do día e en todos os países do globo se levantan a unha orde do sol e van aos seus campos para proseguir o escuro e silencioso labor cotián e eterno, ese labor que, como as mandréporas suboceánicas, bota as bases sobre as que se alzan os illotes da Historia. Sobre o silencio augusto, dicía, apóiase e vive o son, sobre a inmensa humanidade silenciosa levántanse os que meten bulla na Historia. Esa vida intrahistórica, silenciosa e continua como o fondo mesmo do mar, é a sustancia do progreso, a verdadeira tradición, a tradición eterna, non a tradición mentida que se adoita ir a buscar no pasado enterrado en libros e papeis e monumentos e pedras”.
 
Miguel de Unamuno, En torno al casticismo, 1905

 
Descripción

Intrahistorias da arquitectura é un programa nado con vocación didáctica, un curso apoiado no impulso investigador e científico, con carácter divulgador e crítico.
Nesta primeira edición proponse unha serie de temas claves para interpretar a realidade arquitectónica que nos rodea, da que para ben ou para mal, non podemos escapar. A arquitectura acompáñanos no noso día a día, facilítanos ou ás veces entorpécenos, excítanos, incomódanos, suxírenos, reláxanos ou impresiónanos.
 
Faremos un percorrido polas diferentes escalas da disciplina, as súas relacións coa sociedade, a técnica, os efectos dos movementos sociais, o xénero, o patrimonio, a autoconstrución, as modas, o fenó- meno do arquitecto estrela, a estética, as relacións entre disciplinas, os dogmas, a construción, a educación, o bio, o eco, a investigación, o territorio e, por suposto, falaremos de política.
 
A arquitectura é unha desas disciplinas ricas en contidos cuxa intrahistoria está chea de actores secundarios e cuxos efectos trans- versais abren múltiples camiños para a investigación, o debate ou o faladoiro. Convertidas todas elas en formato de curso, o CGAC lanza esta proposta dirixida polo educador e arquitecto Fermín Blanco, e convida o público cada mércores a estes encontros nos que trataremos a vida desde unha perspectiva moi construtiva.perspectiva muy constructiva.


 
Programa 

Marzo
20 Marzo Intrahistorias da arquitectura. Como diciamos onte…
27 Marzo Coñecemento compartido, aprendendo da tradición. Leccións colectivas sen mestre.
Abril
3 Abril Arquitectura con acento. A arquitectura do material. Preguntádelle ao ladrillo o que quere ser.
10 Abril O refuxio, reflexións sobre o espazo mínimo. Da cabana de Thoreau aos pisos colmea.
24 Abril Cando os traballos comunitarios non son un castigo. Facenderas.
Maio
8 Maio A arquitectura educa. Sobre a educación e os seus espazos.
15 Maio Vivir a arquitectura. Visita, xornada experiencial.
22 Maio Integración das artes; casos de estudo en clave optimista.
29 Maio A miña estética é a miña ética. Por que lle din feísmo?
Xuño
5 Xuño Clausura do curso. Taller práctico de construción co Sistema Lupo*.

 
Metodoloxía

Neste curso achegámonos ás bases conceptuais da arquitectura.
 
Os temas elixidos serán transversais a varias disciplinas co que se busca fomentar a participación dun público heteroxéneo interesado na arquitectura (pero non especificamente experto nela).
 
Trataremos de integrar diferentes medios nas sesións e, en paralelo, propónse un terceiro tempo nas redes sociais (#intrahistoricos) a través do grupo de Facebook “Club de Arquitectura”, moderado por Fermín Blanco.

 
 


 

 


 

 


 


 


 
 

 
 
Fotos



*