Nenoarquitectura

Seleccionado en Arquia próxima 2012
[ ver catálogo ]
 
Fundación Luis Seoane
 
Didáctica
Sistema Lupo
 
Monitores
Patricia Amil
David Antuña
Loli Diego
Mar Lista
José Rebollo
Víctor García
Miriam Ron
Leticia Zapata
Heildegard
 
Colaboradores
Luis Miguel Fernández López
Borja Díaz Carro
María Bescansa
Alba Pérez Fernández
Chema Castrillo Neira
 
Asesoría Jurídica / Gestión patente
Alvarez Real
 
Fabricación
Aislasansuperlupo
Mucarceecolupo
Guaifilupoplot
 
Compromiso social
Adcorempaquetado
 
Fotografía
Equipo Sistema Lupo
Alex del Río
Veronika Horbelt
Javier Salcedo
Estudio Fermín Blanco
Zamora Románica
Archivo Eduardo Chillida
Archivo Jose M.Elosegui
Archivo Los Carpinteros
 
+info
www.sistemalupo.com

 

 
 

¿Que é nenoarquitectura?

É un programa didáctico anual, enfocado a niñ@s entre 4 e 12 anos, realizado na Fundación Luís Seoane da Coruña. Realízase de forma continua desde 2010 e foi e segue sendo unha inmellorable fonte de novas ideas que permitiron evolucionar o Sistema Lupo.
 
A súa orixe está no ano 2010, cando Sistema Lupo desenvolveu en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (delegación da Coruña) e a Fundacion Luís Seoane un curso que inicialmente era trimestral e que terminou por converterse en anual para o achegamento dos nenos á arquitectura (ou viceversa aínda non o temos moi claro). Grazas ao compromiso das familias mantén a súa enerxía ano tras ano.
 
Durante estes anos o taller (que se desenvolve cada sábado en sesións de dúas horas e media) foi evolucionando e na actualidade contamos con tres programas simultáneos diferenciados pola idade dos participantes e un cuarto dedicado a proxectos persoais de antigos asistentes. A pesar desta diferenciación, é habitual que os grupos traballen xuntos e mesmo coas familias, para facilitar a transferencia entre as diferentes idades.
 
Nace ligado á figura e pensamento do artista Luís Seoane, caracterizado por un discurso en favor da integración das artes. A didáctica faise por tanto, permeable a toda manifestación artística ou creativa e en ocasións aproveitamos as exposicións propias do museo ou a visita de artistas invitados para incluílos na programación.

 
 
 

 
Curso de iniciación para educación infantil (de 4 a 5 anos).
 
É un programa experimental onde o neno realiza un achegamento á arquitectura, as formas e espazos a través do xogo. Nestes primeiros pasos a metodoloxía apóiase en historias narradas, a música e a maxia introducindo aos participantes nunha experiencia lúdica e educativa.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

_
Clases do trimestre actual
 
– Tro-peza con ritmo
– Dende que me levanto ata
que me deito: arquitecto
– A cor e a emoción
– Os materiais: os nosos
ingredientes
– A luz: o material máis barato
– Exipto: descobre a pirámide
do Faraón
– Grandes construccións:
templos para o deporte
– Metamorfoséate
– Arquitectura e movemento
con Ánxela Blanco
– Cruce de camiños

inscripción


 
Dirixido a nenos de 6 a 9 anos, está organizado en grupos temáticos que evolucionan en dificultade ao longo do curso.
 
Traballamos co material Lupo nas súas diferentes escalas e materiais e xeramos un caderno de obra onde recollemos o traballo diario. O traballo en equipo é unha parte fundamental do taller a través do lupo reto con que pechamos cada sesión. Nestes talleres trátanse temas xerais como a escala, o material, as proporcións, a cor, a composición… non só aplicables á arquitectura, tamén á arte ou ao deseño.
 
Outra serie de talleres relaciona a arte e a arquitectura de diferentes épocas e procedencias tratando de interconectar as manifestacións artísticas cos seus condicionantes sociais, ambientais ou históricos.
Todo iso para tratar de xerar no neno un clima óptimo para o desenvolvemento das súas capacidades. Nunha contorna eminentemente lúdica e descontextualizado do centro escolar fomentamos un ensino transversal onde cada un achega os seus coñecementos e as súas experiencias para interpretar os temas propostos de modo crítico.
 
_
Clases do trimestre actual
 
– O idioma do arquitecto
– Arquitecturas do mundo
– Construcción ó natural
– Pioneiros: Louis Kahn, o
espírito do ladrillo
– O meu proxecto: cambio
e decido o meu cuarto
– Simetría: espellismos
arquitectónicos
– Aventura en Xapón
– Metamorfoséate
– Arquitectura e movemento
con Ánxela Blanco
– Cruce de camiños

inscripción


 
Dirixido a nenos de 10 a 12 anos, xorde como requirimento dos nenos que cumprido o seu paso por Nenoarquitectura queren manter a súa presenza nos talleres. É por tanto un “encargo” dos propios nenos que tras un curso enteiro xa dominan os temas e retos propostos e por tanto reclaman un maior grao de dificultade.
 
Neste bloque introduciuse o mundo do deseño con máis forza dando aínda maior liberdade ao neno no seu proceso de deseño e proxecto, incluso dotándolles das ferramentas para crear novos lupo retos. Introdúcese o uso do software específico a través de LUPO VIRTUAL de modo que podemos incluír máis actividades relacionadas coa visión en 3D. A isto súmase o uso de técnicas virtuais como a Realidade Aumentada tratando de manter a conexión entre o mundo virtual e o real a través de retos que proxectan coas ferramentas virtuais e constrúen coas físicas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
_
Clases do trimestre actual

– Dende outra perspectiva
– Arquitecturas do mundo
– Crea o teu propio reto Lupo
– Pioneiros: Louis Kahn: o
espírito do ladrillo
– O meu proxecto: cambio e
decido a miña casa
– Simetría e dobre simetría:
mandalas
– Probas de carga: Firmitasi
– Metamorfoséate
– Arquitectura e movemento
con Ánxela Blanco
– Cruce de camiños

inscripción
 


 
 
 


 
É unha iniciativa destinada a alumnos que cursasen Nenoarquitectura con anterioridade e que queiran poñer en practica os seus propios proxectos, que serán aplicados a Tropeza, Empeza e Despeza de forma indiscriminada.
 
Proponse aos participantes deste curso a posibilidade de traballar sobre un proxecto propio. Deberán entregar xunto coa presente ficha de inscrición unha folla en tamaño A4 onde se resuma unha proposta de traballo sobre a que poder traballar durante o curso. No presente curso os participantes realizan o deseño dun moble para a propia Fundación Luís Seoane.
 
O curso constitúe un achegamento ao proceso completo de elaboración dun proxecto mediante o desenvolvemento de habilidades de visión espacial, de representación en 2D e 3D e tamén de comunicación en público.

 
 
Dossier Talleres Lupo