Menu
Categories
 
Pumarejo
Investigación + comisario exposición
Fermín González Blanco

Fotografía + Audivisual
Alex del Río

Levantamento gráfico
Marco Antonio Martín
Luis Miguel Fernández López

Didáctica + música
Carolina Queipo

Monitores didácticos
Cristina Doporto

Edición de video
Alex del Río -fotografía-
David Plaza y Sonia Otero -edición-


+ info en pumarejo.ferminblanco.com




Memoria & Fotografías
En 1985 inaugúrase en Zamora unha nova igrexa. Substitúe a un antigo templo que forma parte do camiño de Santiago, situado nunha paisaxe presidida polo río Tera que dá vida e nome a toda a bisbarra.

A igrexa parroquial de Pumarejo de Tera é obra do recoñecido arquitecto Miguel Fisac Serna. De como chegou alí e se deixou seducir polas súas xentes é unha curiosa historia que paga a pena ser rescatada.

A construción da igrexa destapa unha peripecia digna de recoñecer e poñer en valor. A pegada que deixou é aínda palpable na bisbarra e por este motivo formulouse unha investigación mestura de arquitectura e etnografía encadrada baixo o título común de “Arquitectura enTera”.

Arquitectura EnTera detense na historia da construción pero especialmente no carácter humano e social que fixo posible esta obra. De como un pobo seduce un arquitecto de prestixio para realizar de modo altruísta un proxecto de igrexa e dirección de obra. Sen mediar empresa construtora nin licenza urbanística de ningún tipo, son os propios veciños que acometen a obra organizados en cuadrillas traballando de sol a sol para levantar o templo en 73 días.

Hoxe en día a igrexa de pedra elévase destacando de entre edificacións de barro xa moi alteradas polo paso do tempo. Un exhaustivo traballo fotográfico e unha narración analítica do transcurso dos traballos apoiada no diario de obra permiten de modo orixinal seguir os pasos desta historia onde a paisaxe, os medios dispoñibles e o programa marcaron un proxecto feito realidade de modo coherente. Arte, construción e sociedade únense para xerar unha arquitectura enteira de principio a fin.

Formando parte da investigación < strong>Arquitectura enTera propuxo a experiencia para a súa catalogación como BIC (Bien de interese Cultural con categoría de Monumento). Expediente que ratificou a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Castela e León en resolución do 7 de Xullo de 2011 poñendo así fin a un trámite administrativo que recoñece os seus valores tanto humanos coma construtivos.




Dossier


*