SUD-7

Plan parcial para desenvolvemento dun chan urbano delimitado (terciario)
Sistema de actuación por cooperación
titularidade do chan (privada)
-pendente aprobación inicial-

Localización
Santa Cruz de Ribadulla. Vedra

Promotor
Concello de Vedra

Colaboradores
Borja Díaz Carro
Luis Miguel Fernández López

Tramitación e exposición publica
Departamento de Urbanismo
Concello de Vedra
Teresa Amenal y Clara Lema

visor_sud7




Memoria & Fotografías
Plan Parcial Dotacional de 3,7 hectáreas de extensión que configura polos usos e pola súa situación un ámbito clave no desenvolvemento urbanístico do núcleo urbano. Proxéctase segundo un programa baseado no uso preferentemente dotacional, fixando como obxectivos a ampliación do cemiterio existente, a instalación dun tanatorio, centro social e centro de día. A ordenación proposta vén derivada da complexidade do ámbito en que se encontra.

Moi condicionada pola proximidade dun Ben de Interese Cultural como é o Pazo de Ortigueira e tamén por factores como a súa topografía e o curso de auga que bordea o ámbito polo Norte e o Leste. Preténdese a maior integración posible do ámbito cun menor impacto visual da edificación. Mantendo a masa arbórea existente e dando continuidade aos accesos públicos dende o núcleo.

O Plan pretende sentar as bases das necesidades dotacionales de futuro ante o previsible crecemento do núcleo urbano. Supón un incremento considerable de espazos verdes e servizos e unha axuda ao plan de cicatrización urbana de Santa Cruz.