Ranelagh

Ano
2013
 
Producción
Fundación Luis Seoane: Silvia Longueira
 
Colaboradores
COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia)
ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña)
 
Comisario
Fermín González Blanco
 
Equipo
Fermín González Blanco
LuiS Miguel Fernández López
 
Deseño Gráfico
Elisa Gallego
 
Fotografía
Estudio Fermín Blanco
 
Participantes
Héctor Suárez Pastrana
Pilar Vilas Rial
Dánae Viñas Castrillo
Raquel Naya González
Lis de la Iglesia Caruncho
Marcelo Aguirre Rodríguez
Xabier Yáñez Cabanas
Rafa Barredo de Valenzuela
José Silvarredonda
Francisco Mato López
Miguel Soto
Pura Sorribas
Esteban Vigo
Susi Seara


 
 
Homenaxe a un paxaro
 
Tivemos hai anos, unha casa de fin de semana en Ranelagh, na provincia de Buenos Aires, a trinta quilómetros da capital federal arxentina, na que algunhas veces acampabamos semanas. Iamos sempre, verán e inverno. Atravesabamos un campo de golf que se atopaba alí para chegar á casa. Unha mañá dun sábado moi ventoso e de moita choiva, atopamos na entrada, ao chegar, un paxaro moribundo, un ” hornero”. Recollémolo e quentamos coas mans mentres acendiamos o lume da cheminea e, cando o lume foise acendendo, puxemos o paxaro á calor súa. En pouco tempo empezou a repoñerse. Mirábanos curioso cos seus ollos redondos moi abertos. Cando o atopamos tíñaos case pechados, parpadeando moi lentamente. Estabamos contentos de volvelo á vida, e , cando nos pareceu que debiamos poñelo en liberdade, achegámonos para collelo outra vez coas mans e levalo ao xardín. Pero o paxaro, con medo de nós, por instinto, voou de fronte ao lume, e en voo, as chamas queimárono en poucos segundos. Escoitamos o ruído das plumas que arderon enseguida e apenas puidemos miralo convertidos en chama, tan aguda foi a súa morte. Acampamos alí sábado e domingo tristes, acordándonos do paxaro. Sentímonos culpables da súa morte, aínda que non tivésemos por que. Tiñámoslle a vida salvada e queriamos liberalo. Foi por un instinto que fuxiu de nós para o lume.
 
Vendemos a casa. Antes de vendela cando chegabamos a ela, acordabámonos do pobre ” hornero”. Os que agora viven nela non saben que alí vive a pantasma dun paxaro. Levámonoslo connosco, como moitos outras pantasmas de mortos que foron como nós, irmáns nosos, e dos que aínda non se pode falar. Esta ducia de gravados son unha homenaxe ao ” hornero” morto no lume. Son como un pequeno monumento á súa memoria. Trátase dunha ducia de paxaros inventados que tamén poden morrer nun calquera momento. A ninguén, que eu saiba, ocorréuselle facer monumentos de paxaros. Quizais algún poema. Eu, con todo,faría monumentos de cuarzo e lousa ás gaivotas e aos merlos, en Galicia. E, en Buenos Aires, ao ” hornero”, o que tanto se parece aos emigrantes. Tamén, xa se sabe, faría monumentos, nun país e no outro, ás nosas pantasmas os prohibidos.
 
Luis Seoane
 


 
 

Memoria & Fotografías

O proxecto Ranelagh é unha invitación a todos os alumnos e profesores, que durante o curso 2012-2013, participaron no Club de Arquitectura da Fundación Luís Seoane, e consistía en pasar varias xornadas conxuntas a través dun obradoiro participativo. Foi desenvolto con material reciclado de antigas exposicións do museo, o cal, usouse como base a este taller práctico, no que se realizou unha edificación modular que serviu de apoio a diferentes exposicións. Independentemente do aspecto final da construción, o proceso, baseado na colaboración interxeracional foi o verdadeiro protagonista destas sesións.
& nbsp;
O obradoiro de montaxe dunha pequena “arquitectura” a tamaño natural tivo lugar no patio da Fundación Luís Seoane.
& nbsp;
A construción está baseada na historia dunha casiña que Luís Seoane comprou nos anos sesenta nas proximidades de Buenos Aires e que pagou a través dunha serie de cadros. Por Ranelagh pasaron grandes protagonistas da historia e a cultura galega e pronto se converteu nun polo de atracción da vangarda cultural no exilio.
& nbsp;
O proxecto Ranelagh pretendeu e logrou recuperar ese espírito de amizade e camaradería e participación a través dun evento social e cultural.