Menu
Categories
 
Ampliación do cemiterio de Santa Cruz de Ribadulla
Localización
Santa Cruz de Ribadulla.
Concello de Vedra, A Coruña, España
 
Latitude: 42º 46’ 29,41’’ N
Lonxitude: 8º 25’ 38,85’’ W
 
Ano
2017
 
Promotor
Asociación de veciños de Santa Cruz de Ribadulla
 
Construción
Construcións Luis e Alfonso
 
Arquitecto
Fermín González Blanco
 
Equipo
Luis Miguel Fernández López
Borja Díaz Carro
Alba Pérez Fernández
 
Fotografía
Roi Alonso. www.roialonso.com
Estudio Fermín Blanco


 
 

Memoria & Fotografías
Este proxecto xorde debido á colmatación do cemiterio preexistente, un cemiterio pertencente ao núcleo rural de Santa Cruz de Ribadulla. Atopámonos cunha realidade social dunha comunidade que non dispoñía de máis espazo para enterrar aos seus seres queridos.
 
Pero este, só era o primeiro dos problemas. O cemiterio ocupaba unha parcela pertencente á categoría de Chan Delimitado nº7, polo que a primeira das actuacións para realizar, consistía nunha modificación do Plan Xeral, e así, cambiar a súa tipoloxía a Chan Urbanizable Non Delimitado.
 
O seguinte dos problemas consistiría en que a comunidade conseguise chegar a un consenso entre os seus membros (alcalde, cura, veciños e construtor), tiñan que actuar en conxunto e cunha mesma decisión valida para todos os membros da mesma.
 
E por último, o estado da construción. Existía unha enorme diferenza entre interior e exterior, o muro perimetral de peche funcionaba como barreira entre dous mundos opostos. Un exterior desatendido, formado por traseiras descoidadas, en contraste total co interior atendido a diario con mimo e delicadez.
 
Por tanto, as nosas premisas consistían, por unha banda, en alcanzar unha solución válida para todos os membros da comunidade, que pasaba entre determinar quen ou quen se faría cargo do pago, xestión e coidado do equipamento para partir do momento da ampliación. Tamén se debía conseguir unha única solución construtiva que non constituíse unha barreira respecto a o existente, que non se puidese falar de conceptos diferentes, se non dunha unidade. Os novos usuarios atópanse no mesmo cemiterio, non nun novo.
 
Ademais, aparecerían unhas novas normas que cumprir, xa que a policía mortuaria obriga a ter unha serie de instalacións as cales consisten noutro novo concepto a introducir.
 
Por todo iso, a ampliación comeza por romper o muro delimitador que obstruía o crecemento, reutilizando a pedra para construír o novo, o cal, constituirá un peche permeable, non unha barreira e abriranos cara ao bosque que rodea a parcela.
 
Tratarase dunha construción masiva, respectando as formas e volumes existentes, copiaranse as formas e modelos dos elementos anteriores, pero á vez, introdúcense xestos contemporáneos como son as laxas de formigón ou os nichos prefabricados.
 
Recupéranse elementos singulares para a comunidade, como o cruceiro e introdúcense outros novos dentro do equipamento como o Camelio e a gárgola, que achegan ese aspecto delicado e especial ao lugar.

Trátase así dun novo espazo cunha marxe para crecer e que contén novos lugares para ocupar como o espazo de columbarios, as tumbas de chan ou novos panteóns.


 
 

 
 

 
 


*