Form Finding. Frei Otto, un home libre.
26 Xaneiro 2017
Centro Galego de Arte Contemporánea
CGAC
Participa
Fermín Blanco
Coordina
Virginia Villar
Fotografía
Manu Suárez
[audio]
[+info]
Descrición
Con motivo de clausúraa da exposición Cut Through the Fog o CGAC organizou unha charla sobre arquitectura vinculada á obra da artista Eva Lootz. “Fermín Blanco emparentará as procuras sobre a forma, o material e os procesos xenerativos dunha artista plástica coa produción dun arquitecto”.
Fiel á tradución literal do seu nome, Frei Otto caracterizouse por ser un home libre no exercicio da súa profesión. A súa obra e o seu pensamento manteñen unha coherencia ao longo da súa carreira sempre diluíndo as fronteiras entre disciplinas xa sexa a arquitectura, a bioloxía, a enxeñería ou a socioloxía. Todos estes campos interesáronlle e influíron do mesmo xeito que a convulsa realidade histórica que lle tocou vivir nunha Alemaña desfeita e reconstruída, partida e reunificada que lle fixo perder a fe na arquitectura consolidada, pesada e eterna. Da man do pensamento científico emprendeu unha interminable procura de solucións cheas de enxeño e eficiencia, en pos dun ideal de arquitectura lixeira, adaptable e efémera.
Mediante esta conferencia propúxose un achegamento retrospectivo ás investigacións desenvoltas por Frei Otto a través do Institut für leichte Flächentragwerke (Instituto de Estruturas Lixeiras) da Universidade de Sttutgart relacionándoo co interese de Eva Lootz polo comportamento, as propiedades e as posibilidades expresivas dos materiais. Arte, ciencia e tecnoloxía unidos por un fío argumental que nos achegará ao pensamento dos seus impulsores.