Intrahistorias da Arquitectura II

25 Marzo – 3 Xuño 2020
 
Centro Galego de Arte Contemporánea
CGAC
 
Horario
Mércores de 19:00 a 20:30 h
 
Dirixe
Fermín Blanco
 
Coordina
Virginia Villar
 
Fotografía
Manu Suárez
 
[inscriciones]
 
[folleto]


 
 


 
 
“Todo o que contan a diario os xornais, a historia toda do ‘presente momento histórico’, non é senón a superficie do mar, unha superficie que se xea e cristaliza nos libros e rexistro. (…) Os xornais nada din da vida silenciosa de millóns de homes sen historia que todas as horas do día e en todos os países do globo se levantan a unha orde do sol e van aos seus campos para proseguir o escuro e silencioso labor cotián e eterno, ese labor que, como as mandréporas suboceánicas, bota as bases sobre as que se alzan os illotes da Historia. Sobre o silencio augusto, dicía, apóiase e vive o son, sobre a inmensa humanidade silenciosa levántanse os que meten bulla na Historia. Esa vida intrahistórica, silenciosa e continua como o fondo mesmo do mar, é a sustancia do progreso, a verdadeira tradición, a tradición eterna, non a tradición mentida que se adoita ir a buscar no pasado enterrado en libros e papeis e monumentos e pedras”.
 
Miguel de Unamuno, Entorno al casticismo, 1905

 
Descripción

Intrahistorias da arquitectura é un programa nado con vocación didáctica, un curso apoiado no impulso investigador e científico, con carácter divulgador e crítico.
Nesta primeira edición proponse unha serie de temas claves para interpretar a realidade arquitectónica que nos rodea, da que para ben ou para mal, non podemos escapar. A arquitectura acompáñanos no noso día a día, facilítanos ou ás veces entorpécenos, excítanos, incomódanos, suxírenos, reláxanos ou impresiónanos.
 
Faremos un percorrido polas diferentes escalas da disciplina, as súas relacións coa sociedade, a técnica, os efectos dos movementos sociais, o xénero, o patrimonio, a autoconstrución, as modas, o fenó- meno do arquitecto estrela, a estética, as relacións entre disciplinas, os dogmas, a construción, a educación, o bio, o eco, a investigación, o territorio e, por suposto, falaremos de política.
 
A arquitectura é unha desas disciplinas ricas en contidos cuxa intrahistoria está chea de actores secundarios e cuxos efectos trans- versais abren múltiples camiños para a investigación, o debate ou o faladoiro. Convertidas todas elas en formato de curso, o CGAC lanza esta proposta dirixida polo educador e arquitecto Fermín Blanco, e convida o público cada mércores a estes encontros nos que trataremos a vida desde unha perspectiva moi construtiva.

 
Programa

Marzo
25 Marzo Experimentar coas formas. Arte, arquitectura e técnica. Eva Lootz/Frei Otto.
Abril
01 Abril Frank Lloyd Wright. Comunidades de aprendizaxe.
15 Abril Arquitectura vertebrada. Miguel Fisac. Onde?,Que?,Como?…
22 Abril Aprender xogando. O xoguete de construción na educación.
29 Abril A arte terreal. Chillida, Ganchegui e Elósegui.
Maio
06 Maio Arquitectura e participación. Arquitectos e clientes
13 Maio Arquitectura popular e contemporánea. Razón e construción. Pedro de Llano.
20 Maio Brasilia. O testemuño dunha utopía.
27 Maio Memoria industrial, espazo público, participación, Investigación e moito máis… Con Iria Sobrino e Carme Nogueira.
Xuño
03 Xuño Investigación e instalación sobre Lilly Reich. Con Laura Martínez de Guereñu.
Marzo

 
Metodoloxía

Neste curso achegámonos ás bases conceptuais da arquitectura.
 
Os temas elixidos serán transversais a varias disciplinas co que se busca fomentar a participación dun público heteroxéneo interesado na arquitectura (pero non especificamente experto nela).
 
Trataremos de integrar diferentes medios nas sesións e, en paralelo, propónse un terceiro tempo nas redes sociais (#intrahistoricos) a través do grupo de Facebook “Club de Arquitectura”, moderado por Fermín Blanco.