Topografías lúdicas con contenedores casa

Ano
2019
 
Localización
CEIP Labarta Pose
Baio, Concello de Zas, A Coruña
 
Latitude: 43º 8′ 57,58” N
Lonxitude: 8º 57′ 31,95” W
 
Arquitecto
Fermín González Blanco
 
Equipo
Luis Miguel Fernández López
Alba Pérez Fernández
Ignacio Bescansa Bastarreche
 
Construción
David Súarez Solís
 
Agradecementos
David Súarez Solís
Industrias Gallegas del Poliéster (INGALP) S.L.
Concello de Zas
 
Fotografía
Equipo Fermín Blanco
 
Orzamento
15.000€



 
 

 

 

 

Memoria & Fotografías

Desde o CEIP Labarta Pose e tras varias reunións co profesorado decidiuse un plan de actuación para a mellora das instalacións do centro do que formarían unha parte importante os alumnos, así como, toda a comunidade educativa.
 
Durante todo o curso estivéronse realizando didácticas con nenos e profesores nas que estes analizaron o seu centro, aprenderon a valorar os distintos aspectos que lles suxiren os espazos dos que dispoñen actualmente e sacaron unha serie de conclusións, as cales, foron transmitindo, ademais dunha gran lista de suxerencias con cambios que lles gustaría realizar nos próximos cursos.
 
Con toda a información que nos transmitiron, elaboramos unha proposta de actuación que comezou pola reforma do patio existente coa transformación dunha das zonas do mesmo nunha gran topografía lúdica. A idea xurdiu debido á necesidade de cambiar o pavimento existente no patio, unha gran chaira de formigón que se atopaba bastante deteriorada, polo que o xogo adoitaba ser incómodo e monotemático.
 
Comezouse por expor a idea de aumentar as zonas verdes, pero como zonas de xogo, de forma que o natural tivese máis presenza dentro do centro. Para iso, instálase unha gran topografía lúdica, na que se unirán a xeometría, a natureza e o xogo, entre outros aspectos, para formar un novo ámbito na zona do patio.
 
O patio, que pasou por varias fases de cambio, ten agora varias zonas (activas, semiactivas e tranquilas) ten máis vexetación, sombras e máis cor. É un espazo que debe ter opcións de xogo para todos, o obxectivo é que os nenos e nenas aprendan a convivir e a respectar a diferenza. As casas proceden da reutilización de contedores de reciclaxe que se producen nunha fábrica da zona co que a acción se apoia na industria local e a reciclaxe, nesta ocasión por partida dobre.