Centro de interpretación do hórreo

Centro de interpretación do hórreo
 
Localización
Lugar de O Couto.
Concello de Ponteceso, A Coruña, España
 
Promotor
Fundación Eduardo Pondal
 
Equipo
Fermín González Blanco
Luis Miguel Fernández López
Alba Pérez Fernández
Ignacio Bescansa Bastarreche
 
Fotografía
Estudio Fermín Blanco
 
Maqueta
Inés Soto Nogueira
 
Video
Inés Soto Nogueira
 


 
 
Memoria & Fotografías

O hórreo obxecto de intervención é propiedade do Arcebispado aínda que na actualidade o seu uso xestiónase a través da Fundación Eduardo Pondal, que ten a súa sede na Casa reitoral de Cospindo anexa á igrexa parroquial e ao propio hórreo obxecto deste proxecto. A Fundación promove unha serie de actividades vinculadas á obra e a figura de Eduardo Pondal e ao patrimonio histórico e cultural de Galicia. Nesta liña, o propio Concello de Ponteceso e o lugar do Couto son paradigmáticos en canto á presenza do número de hórreos e ao interese arquitectónico, etnográfico e cultural dos mesmos. Baixo estas condicións da contorna exponse a rehabilitación do hórreo preexistente e a súa transformación e uso como Centro de Interpretación do Hórreo.
 
O hórreo posúe unha eira tratada con laxas de pedra e todo o conxunto no que se atopa rodéase por un muro de pedra. Trátase dun hórreo de tipo Corístanco, de planta rectangular, estreito e longo, o cal, apóiase sobre unha base de cachotería á vista, con cantería en esquina e ocos e con portas tanto en planta baixa como en planta primeira na fachada suroeste.
 
O tornarratos é de voladizo continuo e serve de apoio para as laxas do hórreo que forman o chan da planta primeira. A cámara é totalmente de pedra formada por fileiras horizontais de pezas de pedra de pouca altura, entre as que se intercalan outras menores para formar as aberturas de ventilación, mentres que nas esquinas refórzanse con pedras de cantería de gran tamaño, trabadas.
 
A cuberta está resolta con tella curva a dúas augas. Sobre os testeros executados en cantería, colócanse os guardavientos de pedra e a cruz e o lampión ornamentais. O acceso faise por unha única porta con jambas de cantería, na parte media dun dos costais ao que se chega a través duns chanzos de cantería que rematan cunha gran laxa de pedra sobre ménsula de granito.
 
Na actualidade o edificio ten un uso principal de almacén tanto en planta baixa como en planta primeira, por iso, queremos que un edificio destas características merécese un uso moito máis adecuado dada a súa especial morfoloxía, situación e o seu bo estado. Por todo isto, a proposta céntrase en xerar un pequeno museo no seu interior dedicado ao hórreo, un centro de interpretación desta construción típica de Galicia e especificamente do lugar, onde se expón unha estrutura de armazón de madeira formando unhas bancadas aptas para todos os públicos onde se proxectará un vídeo que convide os visitantes a coñecer este tipo de construción típica do lugar e ademais incitar a percorrer todos os que se atopan na zona.