Vivienda unifamiliar en San Lázaro

Localizacion
San Lázaro, Santiago.
Concello de Santiago, A Coruña, España

Latitude: 42º 51’ 8,26’’ N
Lonxitude: 8º 31’ 14,55’’ W

Promotor
Monica Picón y Juan Boquete

Aparellador
Pedro Orgeira Amor

Colaboradores
Calcugal -estrutura e instalacións-
Luis Miguel Fernández López

Deseño Interiores
Taller metro

Construtoras
Unitec
Conscavi
Canterías Alonso Fernández
Fachadas del Norte
Belarmino Bello Rey
Manuel Silveira Balsa
Instalaciones Julio Alvarez
Morteros y yesos Reyva
Multisuelos Tordoia

Fotografía
Estudio Fermín Blanco

Presuposto
406.941 euros
visor_sanlazaro




Memoria & Fotografías
Vivenda unifamiliar situada en Santiago. O volume máximo edificable vén definido pola normativa do Plan Xeral de Ordenación de Santiago a través de ordenanzas, plantas e alzados de ordenación. A partir destes condicionantes iniciais empézase a traballar con este volume no que a posición e proporción dos ocos debe ser de compoñente claramente vertical.

A vivenda estrutúrase en catro plantas debido á topografía descendente da parcela. As dúas plantas superiores dedícanse á función de vivenda ,mientras que as dúas inferiores serven de apoio ás superiores acollendo o garaxe, a zona de lavandaría e a zonas de instalacións.

A estratexia estrutural consiste en adaptarse ao volume definido pola normativa e baleirar o interior de piares innecesarios. Desta forma xérase unha pel mediante un muro de formigón perforado nos tres lados do perímetro en contacto co exterior que resolven a estrutura e aumentan o confort acústico e térmico da vivenda. Estes muros teñen un espesor de 20 cm e reciben os forxados da vivenda executados con prelousas de formigón armado de 25 +5 cm de canto. As prelousas dispóñense salvando a luz curta da vivenda de 9 metros.

A estrutura de formigón armado remátase cara ao exterior cunha fachada ventilada de granito na que a compoñente vertical imposta pola normativa marca por un lado a posición e a proporción dos ocos e por outro o despezamento da pedra e o sistema de ancoraxe. As fachadas resólvense con tres anchos de pedra distintos (40cm, 60cm e 80cm) e lonxitude variable. Polo lado interior da estrutura realízase un reforzado con ladrillo oco dobre con illante e cámara de aire intermedia.