Menu
Categories
 
Estación de Ferrocarril de Santa Cruz
Localizacion
Santa Cruz de Ribadulla.
Concello de Vedra, A Coruña, España
 
Latitude: 42º 46’ 35,90’’ N
Lonxitude: 8º 25’ 41,58’’ W
 
Promotor
Concello de Vedra
 
Construción
Obradoiros de Emprego [Vedra-Boqueixón]
Directores: Carlos Lortes Gómez e Carmen González Lestón
 
Empresas
Obradoiros de emprego [Vedra-Boqueixón]
Jesús Gamas Villanueva [Carpintería]
Talleres Sinde [Cerrallería]
Construcciones Roberto Vales [Albañilería]
Construcciones Junquera [Albañilería]
Electricidad Lino
Coviastec [Urbanización]
 
Equipo
Fermín González Blanco
Luis Miguel Fernández López
Borja Diaz Carro
Alba Pérez Fernández
Chema Castrillo Neira
 
Fotografía
Roi Alonso. www.roialonso.com
Estudio Fermín Blanco
Obras relacionadas
“El Camello” Coworking Fiat Renfe 593

 
 
 

Memoria & Fotografías

Situados no contexto dunha comunidade / municipio rural (5000 habitantes) cunha poboación envellecida, onde se expón un proxecto ligado á loita demográfica de fixación de poboación baseado fundamentalmente na formación e nos espazos para o emprendemento. O espazo elixido será a rehabilitación do complexo da antiga estación de Santa Cruz de Ribadulla.
 
A estación Santa Cruz de Ribadulla comprendía un complexo de 9000 m2, dos cales, a metade manteñen un uso industrial como terminal de carga de madeira. O resto é un espazo público onde se atopan unha serie de elementos arquitectónicos como a antiga casa da estación, o pavillón de aseos e dúas naves de carga, aos que se engade un antigo coche motor cedido a través do Museo Nacional do Ferrocarril e trasladado dende a estación de Monforte.
 
Este proxecto, polo tanto, trátase dun plan destinado á recuperación e posta en valor de toda a estación de ferrocarril e dos espazos que a compoñen. Un exercicio que se desenvolveu ao longo de 10 anos en diferentes fases tendo en conta a amplitude do mesmo e dos orzamentos dispoñibles para cada unha das fases. É un proxecto financiado por diferentes organismos e estratexias, dende fondos nacionais, europeos, a través de empresas e de escolas taller. Un reflexo das dificultades económicas da última década.
 
A antiga estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla atópase situada nun extremo do chan urbano do núcleo. O seu uso foi alterado ao carecer de actividade ferroviaria de pasaxeiros, de modo que a través dun convenio Concello-ADIF establécense uns parámetros de uso que impulsan a creación dun centro de formación. Este centro de formación está constituído por unha serie de corpos que aproveitan as edificacións existentes.
 
As actuacións centráronse principalmente nas obras de rehabilitación da antiga sala de agullas, os aseos exteriores e na adecuación das carpinterías da nave de almacenamento existente na mesma plataforma. A isto hai que sumar a incorporación e adecuación dun coche motor como espazo de coworking.
 
As adecuacións de todos os elementos tratáronse de efectuar mantendo a volumetría e ocos existentes tanto da nave como doutros pavillóns existentes como os antigos baños da estación ou a sala de agullas. Realizouse co mínimo investimento posible tratando de adaptarnos aos materiais e formas dados e utilizando as técnicas tradicionais, así como, traballando con obradoiros de emprego como exercicio de educación e integración.
 
O proxecto comezou coa rehabilitación da antiga Casa da Estación dotándoa dun novo uso dedicado á celebración de cursos de formación e pequenos seminarios. A incorporación das naves e plataformas posteriormente supuxo a adecuación do espazo urbano con medidas de accesibilidade e protección (varandas, aseos e beirarrúas). Disposto o espazo público trabállase sobre a nave como espazo polivalente sociocultural. A segunda nave serve como apoio á primeira, albergando os camerinos e almacéns.


 

 




*