Plan especial de protección de chan urbano
-pendente de aprobación inicial-
Promotor
Concello de Vedra/ Xunta de Galicia
Colaboradores
Luis Miguel Fernández López
Tramitación e exposición publica
Departamento de Urbanismo
Concello de Vedra
Teresa Amenal y Clara Lema
Memoria & Fotografías
O núcleo de Ponte Ulla constitúe un conxunto urbano tradicional con interesantes valores arquitectónicos e urbanísticos, representativo da rede de asentamentos asociados á vida rural e á historia das peregrinacións a Santiago de Compostela.
O seu carácter singular, así como a complexidade propia dos tecidos consolidados e a preservar, aconsellan un estudo en detalle, identificando os valores patrimoniais e elementos característicos, descendendo á escala do deseño urbano pormenorizado.
Non se trata de abrir novos viais, senón completar a traza existente, mellorar os servizos urbanos e xerar un marco común capaz de reforzar a unidade do conxunto.