Menu
Categories
 
MP – Camiños públicos –
Modificación puntual PXOM Concello de Vedra
-aprobación definitiva-

Promotor
Concello de Vedra

Colaboradores
Luis Miguel Fernández López

Tramitación e exposición publica
Departamento de Urbanismo
Concello de Vedra
Teresa Amenal y Clara Lema

visor_caminos2




Memoria & Fotografías
A modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vedra ten por obxecto completar a ordenación de viais de titularidade pública. Supón un repaso xeral a todo o concello parroquia a parroquia de onde se obteñen máis de corenta fichas de camiños. Cada ficha complétase na cartografía oficial indicando as aliñacións definitivas. As devanditas aliñacións son continuadoras das xa existentes tratando de manter aqueles elementos con valores arquitectónicos propios do núcleo en que se encontran.

Os viais tratados no presente documento son todos de titularidade pública, e o seu uso vén reforzado pola tradición. Non se trata polo tanto da creación de novos viais sobre trazados innovadores. A titularidade destes vén xustificada en cada caso mediante os planos de concentración parceira ou mediante planos catastrais. Por tratarse de viais que complementan a rede básica dos núcleos estudados, a súa utilidade pública é evidente; completan o tecido e facilitan a conexión co chan rústico inmediato.


*