Menu
Categories
 
Primeiros auxilios
Primeiros auxilios é unha sección moi recorrida que se basea en solucións de urxencia. Ás veces as necesidades económicas e temporais empurran a solucións de urxencia para mostra varios exemplos.
Intervencións mínimas, rápidas e baratas.





Reforma de vivienda Galiana

Adecuación dun inmoble histórico para o seu uso como vivenda-apartamento. Realizado a partir dun labor fundamental de limpeza, despoxando os paramentos interiores de todos os engadidos froito de diferentes intervencións desastrosas. Con axuda dos amigos fixemos todo este traballo e a colocación dunha cociña de mínimos que garantía a habitabilidade. Inaugurouse cunha boa cea en plenas festas de San Agustín.





Reforma de estudio
A propia obra do estudo foi unha destas solucións que realizamos polos nosos propios medios ante as necesidades inmediatas de contar cun local máis amplo para traballar. Durante o nadal de 2006 realizamos a obra que rematamos en entre ano novo e o día de reis. O día oito empezamos e aínda está pendente a inauguración.





Rehabilitación de quintana en Omedas, Pravia.
Proxecto integral para a rehabilitación dunha quintana, típico asentamento rural de Asturias composto por vivenda, hórreo, antoxana e demais edificacións auxiliares formando un conxunto. Neste caso o conxunto fórmano tres vivendas, un hórreo, un palleiro e os restos dunha antiga paneira. Proponse unha rehabilitación integral da quintana reforzando os valores propios da arquitectura tradicional asturiana e mantendo a unidade de todas as pezas. Para afrontar o reto da reforma proponse un sistema de autoconstrución, sen empresa, parello a un proxecto realizable por fases. O uso final é o de aloxamento rural, polo que cada peza debe axudar ao servizo do conxunto, deste modo consolídase a quintana como unidade actualizando o seu uso.



*