Menu
Categories
 
Clube de arquitectura
Ano
proxecto aberto dende o 2012

Promotor
Fundación Luis Seoane: Silvia Longueira + David Barro
COAG (Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia)
ETSAC (Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Coruña)

Monitoras talleres Nenoarquitectura
Carolina Queipo
Patricia Amil
Loli Diego
Mar Lista
David Antuña

Equipo Fundación Luis Seoane
Pía
Emma
Carmela
Antía

Director de obra
Fermín González Blanco

Fotografía
Estudio Fermín Blanco
Paco Gallego
Andiphoto

club_img_ran_04




Memoria & Fotografías

O club de arquitectura é unha proposta divulgativa dende o ámbito da arquitectura.
Desenvólvese con carácter anual dende a Fundación Luis Seoane de Coruña en colaboración co COAG (Colexio de Arquitectos) e a ETSAC (Escola de arquitectura). O club ten como obxectivo fundamental realizar un labor de divulgación sobre a arquitectura en toda a súa extensión cultural, social, económica… É unha clara aposta en defensa da profesión xuntando os esforzos dos principais organismos involucrados na formación e defensa da arquitectura.

Para iso apostóuseas por unha serie de accións complementarias e dirixidas a diferentes sectores da poboación;

1. Segredos da Arquitectura é un curso semanal onde se tratan de modo académico e divulgativo temas relacionados coa arquitectura. Só existe unha norma PROHIBIDO FALAR DE OBRA PROPIA. Todos os xoves os alumnos do curso, gran parte dos mesmos procedentes de ámbitos profesionais alleos á arquitectura aprenden e debaten sobre temas diversos. O club esténdese durante a semana ás redes sociais onde o debate e os contidos continúan…

2. Achega dá Integración dás Artes é un curso que toma por título o texto escrito por Luis Seoane en 1962 para a universidade de Bos Aires. Afonda na relación interdisciplinar das artes e ten a arquitectura como eixe vertebrador do programa. (curso en curso)

3. Obradoiros de Nenoarquitectura. Curso destinado aos máis pequenos da casa. Utilizando o material didáctico de SISTEMA LUPO e adaptando parte do temario tratado polos maiores no curso de Secretos, os nenos aprenden a través do xogo destrezas básicas da profesión. Traballan cos sentidos, a escala, as proporcións e dan renda solta á súa creatividade nestes talleres.

4. Seminarios especializados. Encontros de pequeno formato onde se tratan temas solicitados polos membros do club. Cine e arquitectura únense no seminario Arquitecto, cámara, acción…! baseado na colección Arquia documental e complementado con especialistas en cada biografía tratada. Seoane FABLAB desenvolve en paralelo curso de deseño e fabricación dixital.

RANELAGH. A xeito de irmandamento e acción colaboradora xorden accións como Ranelagh. Un taller participativo desenvolvido con material reciclado de antigas exposicións do museo e que serviu de base a este taller práctico para a realización dunha edificación modular que serve de apoio a diferentes exposicións. Independentemente do aspecto final da construción o proceso, baseado na colaboración interxeracional foi o verdadeiro protagonista destas sesións.



Algúns dos convidados participantes neste proyecto son:
Alberte Pérez, Alberto Noguerol, Alex del Río, Almudena Fernández, Alvaro Mallo, Ana Amado, Ana Gallego, Anapuma Kundoo, Andrés Fernández Albalat, Antonio Amado, Antonio G. Meijide, Antonio Raya, Arturo Franco Taboada, Borja López Cotelo, Carlos Nárdiz, Carlos Pita, Carlos Quintáns, Carme Nogueira, Carme Pinós, Carolina Grau, Celestino García Braña, Concepción García García, Covadonga Carrasco, Cristina Nieto, Cristina Vilariño, David Barro, Desescribir, Domohomo, Díaz Pinés, Eduardo Cruz, Elisa Gallego, Ergosfera, Esteban Fernández Cobián, Felipe Peña, Felipe Trillo, Fermín G. Blanco, Fernando Agrasar, Fernando Blanco, Fran Carballo, Guadalupe Piñera, Hábitat Social, Idoia Camiruaga, Iria Sobrino, Isabel Aguirre, Jesús Giráldez, Jesús Irisarri, Jesús Llamazares, Joaquín Fernández Madrid, Jorge Meijide, Jose Antonio Franco Taboada, José Benito Rodríguez Cheda, José Ramón Soraluce, Josep Selga, José Ramón Garitaonaindía, Juan B. Pérez Valcarcel, Juan Creus, Juan de la Sota, Juan Domingo Santos, Juan Freire, Luis Gil, Luz Paz, Manel Franco Taboada, Manolo Gallego, Manuel Borobio, Manuel Gallego, Manuel Olveira, Marco Antonio Bailón, Marta Marcos, Martha Thorne, María Olmo, María Vázquez Molezún, Misha Bies Golas, MMASA, Myriam Goluboff, Nicolás Combarro, Noemí Díaz, Pablo Gallego, Pablo Tomé, Patricia Muñiz, Pedro de Llano, Pela del Álamo, Pilar Díez, Plácido Lizancos, Rafa Pier, Rai Iglesias, Ramón Varela, Ramón Viéitez, Ramón Yzquierdo Perrín, Ricardo Aroca, Ricardo Barredo, rvr Arquitectos, Santiago Cirugeda, Sergio Pérez, Silvia Blanco, Victor Ramos, Xoán Mosquera, Xosé Manuel Casabella, Xulio Turnes, Álvaro Negro, Ángela Garíca de Paredes…






*