Guía para Trasluchar

Curso de Verán Universidade Internacional Menéndez Pelayo UIMP_Coruña
Fundación Luís Seoane
10, 11 e 12 Xullo
 
Organización
UIMP-Universidade Internacional Menéndez Pelayo
 
Colaboración
Fundación Luis Seoane
 
Dirección/coordinación
Santiago Cirugeda
Fermín González Blanco
 
Participa
Santiago Cirugeda
Fermin G Blanco
Elvira Dyangani Ose
Carlos Pita
Ana Asensio
Carmen Lamela
Alice Attout
Ses
Isabel Risco

 

+ info


 


 
 
 
Descripción

Guía para trasluchar é un curso de verán organizado pola Universidade Interncional Menéndez Pelayo na súa sede da Coruña, foi realizado en colaboración coa Fundación Luís Seoane e coincidiu coa exposición “Vostede está aquí. Receitas Urbanas” unha retrospectiva dos últimos 20 anos das colectivo Receitas Urbanas coordinado por Santiago Cirugeda. O patio central da Fundación Luís Seoane, sede á súa vez da UIMP, serviu de escenario para a elaboración dunha obra colectiva, un artefacto lúdico que complementaría a obra dun parque/espazo público anexo cuxa obra comezará ao longo do presente ano e cuxo proxecto está baseado nun proceso colaborativo. Guía para trasluchar creou un encontro de especialistas que desde diversos ámbitos axudaron a navegar nos tempos actuais desde diversos movementos sociais, didáctica, arquitectura colaborativa, socioloxía, educación, entre outros.
 
Os profesores do curso forman un grupo heterogéno pensado para achegar visións desde diferentes puntos de vista, tanto profesionais como xeracionais, mozos recentemente graduados compartirán visións con veteranos catedráticos, o mundo universitario e o procedente da educación non regrada, o mundo da arte, da empresa, da socioloxía, da filosofía, desde a literatura ou desde a música, desde os departamentos ou desde o activismo rueiro.
 
O curso inseriuse pois, entre a exposición e a obra de urbanización complementando e enriquecendo ambos os procesos, polas datas e o singular da circunstancia foi unha boa oportunidade para compatibilizar ambos os mundos e xerar valores educativos a través dun curso de 24 horas metade teórico, metade práctico, onde se expuxeron xornadas de mañá con conferencias, mesas redondas e debates participativos deixando as tardes para a acción colaborativa. Estas sesións foron as encargadas de dar forma ao dispositivo, traballouse no propio patio de modo coordinado. A obra sería fundamentalmente realizada en madeira, utilizando as técnicas propias de carpintería. As ferramentas e materiais foron proporcionados aos alumnos quen entrou nas dinámicas propias da auto construción colectiva. Este proceso serviu de cohesión do grupo e o acto construtivo proporcionounos o compoñente práctico ao discutido nas xornadas de mañá.
 
En conxunto supón unha mirada crítica tanto e ao posicionamento do cidadán e a súa forza transformadora como ao tradicional modo de exercer a profesión desde a arquitectura. É unha invitación ao colectivismo, á agrupación e ao acto de construír como aglutinador de vontades.