Laboratorio Escóitasme?

21 Marzo 2020 (inicio)
 
Plataforma Zoom
 
Horario
Lunes a Sábado de 17:00 a 18:00 h
 
Organiza
Fundación Luis Seoane
 
Dirixe
Fermín Blanco
Silvia Longueira
 
Artistas invitados
David Caraballal
Antón Lezcano
Maya Weinshof
Mónica Alonso
Juan de la Colina
Vicente Blanco
Eduardo Fernández
Isabel Risco
J.L. Ducid
Iria Martínez
Charo Belda
César Fernández Arias
Bárbara Long
María Vázquez
Cillas Rodríguez
Érica Esmorris
Carme Nogueira
Pablo Caridad
Teresa González
Ciuco Gutiérrez
Marco Moreira
Antonia López
 
[inscricións]


 

 


 
 
Descrición

 

A Fundación Luís Seoane ofrece unha actividade na rede a través da plataforma Zoom para que os nenos e as familias poidan compartir coñecementos, entrevistLa Fundación Luís Seoane ofrece unha actividade na rede a través da plataforma Zoom para que os nenos e as familias poidan compartir coñecementos, entrevistar a invitados e propoñer actividades para estes días de peche das rúas. A obra plástica, o pensamento e o traballo de Luís Seoane son os motores do Laboratorio.
 
A actividade dura unha hora, de 17 a 18 horas, e realízase todos os días da semana a excepción do domingo. Durante este tempo, os nenos e as familias que nos acompañan traballan con textos e con obra plástica e editorial de Seoane. Poderán entrevistar e falar con invitados sobre temas como poesía, deseño, creatividade, historia… Cada día traballamos coas obra dun artista invitado, o cal, introduciranos na súa obra e a súa forma de traballar e ao acabar a sesión propoñeranos un reto sobre o que traballar, e ao día seguinte todos expoñeremos os nosos traballos e comentarémolos. Os artistas invitados son tan variados como os temas cos que traballamos, xa pasaron por aquí deseñadores gráficos, escultores, fotógrafos, cociñeiros… Pero o máis sorprendente son as creacións dos pequenos artistas que nos acompañan día a día!
 
Comezamos o día 21 de Marzo e seguimos conectados todos os días con novos artistas e retos cada día máis impactantes. A actividade é gratuíta e se queres participar non tes máis que cubrir o formulario, úneche!