Escóitasme?

Unha exposición do Laboratorio Seoane
 
27 Septembro 2020 – 21 Marzo 2021
Fundación Luis Seoane
A Coruña
 
Producción
Fundación Luis Seoane
 
 
Colabora
Concello da Coruña
Deputación da Coruña
Fundación María José Jove
Dirixen
Silvia Longueira Castro
Fermín G. Blanco
 
Artistas convidados
David Caraballal
Antón Lezcano
Maya Weinshof
Mónica Alonso
Juan de la Colina
Vicente Blanco
Eduardo Fernández
Isabel Risco
J.L. Ducid
Iria Martínez
Rosario Belda
César Fernández Arias
Bárbara Long
María Vázquez
Cillas Rodríguez
Érica Esmorris
Carme Nogueira
Pablo Caridad
Teresa González
Ciuco Gutiérrez
Marco Moreira
Antonia López
 
Equipo
Fermín G. Blanco
Luis Miguel Fernández López
Alba Pérez Fernández
Ignacio Bescansa Bastarreche
Patricia González Pérez
 
Fotografía
María Meseguer
Patricia González
Alba Pérez
 
Montaxe expositivo
Jega
 
[web Escóitasme?]
 
[web FLS]


 
 


 
Memoria & Fotografías

Con todo el material realizado por artistas e participantes e coa aprendizaxe pedagógico xerada, expomos agora unha exposición que recolla todo o proxecto, a cal, abarca as dúas salas principais da Fundación Luís Seoane.

Na planta baixa, un perímetro de mesas recolle cada unha das propostas lanzadas polos artistas e os resultados obtidos. Son traballos que se materializaron en diferentes formatos, segundo a elección de cada participante.

Cada artista terá o seu espazo, no que aparece explicado cal foi a proposta lanzada por cada un deles; e os traballos dos participantes compoñen todo o material expositivo. Todo isto acompañado polas obras de Seoane, que son o guión do que partiron, e todas escollidas por gardar algunha relación co artista ao que acompañan.

Na planta superior un diario recolle e percorre día a día, mediante unha noticia escollida das que aparecían nos medios de comunicación, o tempo no que estivemos recluídos nas nosas casas e representa os momentos de incerteza e caos que xurdiron ao longo deste proxecto.

Un skyline, tamén na planta superior, composto por liñas de cores, algunhas das cales descenden cara á planta baixa e delas aparecerán os “palabros” coas súas respectivas creacións xeradas durante os 52 días que abarcou todo o proxecto. Nesta planta superior levarán a cabo as actividades didácticas baseadas nos 25 retos propostos polos artistas.

Haberá, deste xeito, unha formulación didáctico “á carta”, tanto para grupos de colexios como para aqueles visitantes que desexen participar; esta vez de forma analógica.