Arquicafé con Fermín Blanco

O blogue de Stepienybarno comezou e se dió a coñecer polas súas entrevistas a arquitectas e arquitectos. Durante máis de 10 anos trataron de seguir nesa liña, a cal, foi o principal foco da súa actividade na rede. Na actualidade esa sección tomou o nome de: #ArquiCafé.
 
O estado de confinamento e os recursos online permitíronnos unha interesante e entretida conversación, na que se traballaron temas sobre formación, arquitectura e reflexións sobre a potencialidade da educación non regrada.
 
[+ info]