O Supermoble

O Supermoble
 
Localización
CPI Plurilingüe Santa Lucía
Concello de Moraña, Pontevedra
 
Promotor
CPI Plurilingüe Santa Lucía
 
Equipo
Fermín González Blanco
Luis Miguel Fernández López
Alba Pérez Fernández
Ignacio Bescansa Bastarreche
Leticia Zapata Medina
 
Fotografía
Alba Pérez
 
Construción
Mucarce [moble]
Hermidur
 
Agradecementos
Concello de Moraña


 
 


 
Memoria & Fotografías

Este proxecto co CPI Plurilingüe Santa Lucía comezou tras varias reunións co profesorado, o cal, participou no programa Mestra de Obra que impartimos desde Sistema Lupo. Nestas reunións decidiuse un plan de actuación para a mellora das instalacións do centro.
 
Durante todo o curso fóronse realizando didácticas e traballos con alumnado e profesorado, nas que tamén participou o Concello de Moraña, mediante as cales se sacaron conclusións sobre que medidas se debían adoptar para a mellora do centro e como proxecto máis urxente a realizar decidiuse pola reforma dos baños (planta baixa e planta primeira) do edificio de infantil.
 
O estado dos espazos obrigou á derriba de todo o existente e á substitución de todas as instalacións. No baño de planta baixa xerouse un único espazo para todos os nenos, separado do corredor por medio do Supermueble, un elemento deseñado especificamente para este lugar. Un moble multifuncional que dá servizo de almacenamento e necesidades hixiénicas e sanitarias para a zona interior de baño, e que na zona de corredor sirva como unha aula de apoio ao poder despregar da súa estrutura mesa e cadeiras. Interior e exterior estarán totalmente comunicadas tanto por medio de dispositivos de xogo para os nenos e nenas, como de forma visual para o control do profesorado e así garantir a seguridade dos usuarios.
 
Na planta superior, libérase o espazo, unificando todo o espazo nun cunha zona húmida central, cabinas separadas e espazos destinados ao profesorado e a limpeza. A cor xunto co deseño de espellos dá unha nova perspectiva a todo o conxunto.
 
Na zona de corredor de planta realizáronse tarefas de melloras dos acabados, outorgando ao conxunto unha imaxe homoxénea no canto dunha aparencia parcheada debido ás sucesivas obras e elementos sen rematar. Entre eses elementos deixados no esquecemento en actuacións anteriores atopámonos co espazo do antigo felpudo, un rebaixe no acabado do chan que quedara baleiro. Para solucionar isto creamos un elemento que encaixase no oco, un mural de madeira pintado reproducindo unha obra de Luís Seoane “Mural non identificado”, coa peculiaridade de que está incompleto para que sexa o profesorado cos nenos e nenas os que xeren didácticas e xogos completando o cadro.