Xulgado de Vedra -proxecto-

Lugar
Vedra, A Coruña

Ano
2008

Colaboradores
Borja Díaz
Luis Miguel Fernández

visor_juzgado




Memoria & Fotografías
Ampliación dun edificio existente que se corresponde coa volumetría propia da arquitectura tradicional da zona: muros portantes de pedra e cuberta a dúas augas. A edificación orixinal realizouse con fondos da emigración para albergar o xulgado municipal e agora proponse a súa ampliación para o mesmo uso. É polo tanto un edificio de gran carga social e simbólica malia o austero da súa tipoloxía máis propia de vivenda unifamiliar. Proxéctase unha ampliación en dous grandes corpos en planta baixa. Dúas cubertas axardinadas que se cobren dende os grandes soportes situados sobre os núcleos de aseos nos extremos. A construción proxectouse con técnicas tradicionais na súa maior parte para favorecer unha posible execución artesanal. Muros de formigón que arrancan dende a cimentación sobre os cales se apoian os piares de madeira que reciben as vigas perpendiculares á fachada existente. A seriación marcada pola estrutura de cuberta axuda a marcar a tabiquería interior ou a modificala en caso de ser necesario.